CONSELLO ESCOLAR

O Consello Escolar dun centro de ensino é o corazón que regula o seu funcionamento e representa a toda a comunidade educativa: ao equipo directivo, ao profesorado, aos pais e nais, ao alumnado, ao persoal administrativo e de servizos e ao Concello. Todos teñen voz e a poden facer escoitar.
Dito doutra forma, o Consello Escolar é un dos protagonistas da vida na escola. É un organismo con enormes posibilidades para as organizacións de nais e pais onde podemos achegar a nosa colaboración na orientación e avaliación da actividade do noso centro.
Forman parte do Consello Escolar:
- O/a Director/a.
- O/a Xefe/a de estudos de educación primaria.
- O/a Xefe/a de estudos de educación secundaria.
- Un/ha concelleiro/a ou representante do Concello de O Pino.
- 6 profesores/as elixidos polo Claustro.
- 3 representantes de nais ou pais de alumnos.Un representante da xunta directiva da Anpa do CPI Camiño de Santiago representa á asociación nas reunións do consello escolar.
- 3 representantes dos alumnos e alumnas.
- 1 representante do persoal de administración e servizos.
- O/a secretario/a, que actuará como secretario/a do Consello, con voz e sen voto.
Competencias do consello escolar:
Establecer as directrices e elaborar propostas para a elaboración do proxecto educativo do centro, aprobalo, avalialo e introducir as modificacións necesarias
Elixir ao director/a do centro.
Propoñer a revogación do nomeamento de director/a por maioría de dous terzos.
Resolver os conflitos e impoñer as correccións pertinentes con finalidade pedagóxica que correspondas ás condutas dos alumnos e alumnas que danen a convivencia do centro, dacordo co regulamento de réxime interior.
Decidir sobre a admisión dos alumnos e alumnas, segundo a lexislación.
Aprobar ou modificar o regulamento de réxime interior.
Elaborar as directrices para a programación e desenvolvemento das actividades escolares, complementarias, extraescolares, comedor, transporte escolar, visitas ou outras.
Aprobar o proxecto de orzamento.
Aprobar e avaliar a programación xeral anual.
Establecer os criterios de colaboración con outros centros, entidades ou organismos.
Promover a renovación das instalación e equipamento do centro e vixiar a súa conservación.
Analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento escolar e os resultados de avaliación que do centro realice a Administración Educativa.
Colaborar coa inspección nos plans de avaliación do centro.
Establecer os criterios sobre a participación do centro en actividades culturais, deportivas ou recreativas.
Promover as relacións entre os diversos membros da comunidade escolar.
Participar nos procesos de autoavaliación e avaliación externa do centro.
Solicitarlle á Administración educativa o asesoramento oportuno.
Emitir informe sobre a memoria anual de actividades do centro e valorar o funcionamento xeral.
Reunións:
 O consello escolar debe reunirse en sesión ordinaria como mínimo unha vez por trimestre e sempre que o convoque o presidente/a ou un terzo dos seus/súas membros. Necesariamente se reunirá a principio do curso e ao remate deste.
No curso 2013-2014 as sesións celebradas ata o momento foron nas datas:
8 de outubro de 2013.