COLABORADORES

A Educación non debe ser unha tarefa restrinxida só ao ámbito da escola; é un traballo que debe implicar a toda a comunidade educativa e á sociedade en xeral. 
Nós, como Asociación de Nais e Pais de Alumnos, queremos abrirnos nese eido ao resto de colectivos, asociacións e entidades para buscar novas ideas, colaborar, atopar intereses comúns que permitan que traballemos conxuntamente. Sen pechar as portas nunca, a nada, porque de todos podemos aprender e tamén temos cousas que podemos ensinar.
Queremos facer mención especial ás administracións que, coma o Concello de O Pino, nos ofrecen tamén a súa colaboración e que, coa súa aportación económica, nos axudan a levar adiante algúns dos nosos proxectos.