ACTIVIDADES

Dende a Anpa organizamos unha serie de actividades extraescolares ás que intentamos darlle un salto de calidade importante. Queremos que non só sexan un entretemento para os rapaces e rapazas, se non que tamén lle sirvan para aprender, para mellorar. Que se divirtan aprendendo, e que aprendan divertíndose.
Este ano estamos a ofrecer:
Os luns Debuxo e Pintura para 4º, 5º e 6º de Primaria (anque van tamén algúns alumnos de 3º), e Artes Escénicas para 1º, 2º e 3º de Primaria.
Os mércores Zumba para 4º, 5º e 6º de Primaria. Xadrez para todas as idades de Primaria, e Contacontos para Infantil.
Os xoves temos Técnicas de Estudo para 4º, 5º e 6º de Primaria, e Karate para todas as idades de Primaria. Tamén Taller Lúdico para Infantil.
Os venres hai o segundo grupo de Debuxo e Pintura, para 1º, 2º e 3º de Primaria, e Mecanografía e Informática para 4º, 5º e 6º de Primaria.

Se queres máis información sobre algunha delas, pincha enriba da que queiras ver:
Artes Escénicas
Contacontos
Técnicas de Estudo