A ASOCIACIÓN

A ANPA do CPI Camiño de Santiago é una agrupación onde o principal obxectivo é axudar ó colectivo educativo na formación dos rapaces que cada curso estean matriculados no CPI Camiño de Santiago (Arca-O Pino). A nosa intención fundamental é implicar ó maior número de pais e nais para poder artellar entre todos un sistema de colaboración fluido, que dea respostas ás necesidades que van xurdindo ó longo do ano académico, e que tamén permita dar saída ás inquedanzas de todos os implicados na tarefa de educar ós nosos fillos/as.
Queremos alonxarnos-e así traballamos dende o primeiro día-de todo tipo de polémicas, partidismos ou ideoloxías. Non imos entrar en absoluto neses xogos. Nós velamos polo bo estado do centro e por una educación de calidade para os cativos e mozos do concello. Reclamaremos cando o problema nos pareza que escapa das nosas mans e require outras intervencións. E proporemos alternativas sempre, constructivas. Pedimos unha gran implicación de todos os pais e nais. Porque a educación non é só cousa de mestres. É cousa de todos. E canto máis podamos aportar, máis froito van extraer diso os rapaces cando sexan maiores. Por iso presentamos cada ano un plan de actividades complementarias, dentro e fóra do horario lectivo. Levamos a cabo as actividades extraescolares, organizando as nosas e logo coordinando tamén durante todo o curso as ofertadas polo Concello de O Pino e polo propio centro.
Ésta que vedes é unha fiestra virtual para estar máis preto de vós. Porque queremos interactuar con todos: rapaces, pais, nais, mestres, administracións, etc. Entre todos podemos garantir un mellor futuro ós adultos de mañá. E iso ten que ser o que nos guíe. A nosa porta está aberta. Benvidos.
A directiva da ANPA