domingo, 16 de marzo de 2014

NORABOA Ó ALUMNO MANUEL RAMOS

Hoxe queremos felicitar a Manuel Ramos Piñeiro, un alumno do noso centro, o CPI Camiño de Santiago, que vén de conseguir o terceiro premio no Campionato escolar de Xadrez que se celebrou este e o pasado domingo no Colexio Manuel Peleteiro. Manuel competiu, pola súa idade, na categoría Benxamín. A semana pasada fíxose coa victoria en dúas das tres partidas que disputou. E hoxe venceu en tres das catro partidas nas que tomou parte. A adicación e ilusión que deron o seu froito con este galardón. Noraboa!!!!

Manuel co seu premio

1 comentarios:

  1. Dende o Club Xadrez Oroso queremos darlle a nosa noraboa a Manuel e a todos/as os amantes do xadrez no veciño concello de O Pino.
    A seguir disfrutando e aprendendo!!

    ResponderEliminar