viernes, 14 de febrero de 2014

AVISO IMPORTANTE DA DIRECCIÓN DO CPI

A Dirección do CPI Camiño de Santiago vén de determinar a suspensión de TODAS as actividades extraescolares que se ían levar a cabo despois do horario da comida. Ante as recomendacións realizadas pola Consellería de Educación, e ante un posible empeoramento do tempo  nas próximas horas, os responsables do centro determinaron que os rapaces marchen para os seus domicilios tras a comida. É dicir, os autobuses sairán do colexio ás 15:30 horas. 

jueves, 13 de febrero de 2014

NOVO AVISO A CAUSA DO TEMPORAL


Mañá venres, 14 de febreiro, suspéndense de novo as actividades extraescolares no exterior dos centros educativos a causa das adversas condicións meteorolóxicas. Este é o enlace do comunicado oficial da Xunta de Galicia.


http://www.edu.xunta.es/web/node/11720

jueves, 6 de febrero de 2014

MÁIS ALERTAS PARA ESTA SEMANA LECTIVA


Continúa o mal tempo, e, en consecuencia, a Xunta decidiu de novo, por terceira vez nesta semana, suspender as actividades lectivas no exterior nos centros da provincia de A Coruña e na Mariña lucense. Xa que logo, no noso centro quedan suspendidas ditas actividades. Este é o enlace ó comunicado oficial.


http://www.edu.xunta.es/web/node/11668

miércoles, 5 de febrero de 2014

SUSPENDIDAS DE NOVO AS ACTIVIDADES DEPORTIVAS MAÑÁ XOVES

A Comisión de Alertas da Xunta de Galicia vén de determinar, ante o adverso fenómeno meteorolóxico de nivel laranxa por vento que se prevé para mañá xoves, a SUSPENSIÓN das actividades no exterior das instalacións dos Centros Escolares de toda Galicia. Non obstante, NON SE SUSPENDE  a actividade docente nin o transporte escolar. O único que non se vai realizar son as actividades extraescolares fóra do edificio educativo. Xa que logo, as actividades deportivas que se levan a cabo no pavillón non se realizarán.

martes, 4 de febrero de 2014

SUSPENDIDAS AS ACTIVIDADES DEPORTIVAS DESTE MARTES

A causa das preocupantes condicións meteorolóxicas que se están dando nesta xornada, e tendo en conta as previsións para as vindeiras horas, dende o Departamento de Deportes do Concello de O Pino, decidiuse SUSPENDER TODAS AS ACTIVIDADES DEPORTIVAS previstas para este martes. Desculpade as molestias ocasionadas, pero para nós é primordial a seguridade dos rapaces ante calquera outra cousa. E as previsións, como podedes ver no mapa de Meteogalicia, indican que estaremos toda a xornada en Alerta Laranxa.
Tamén quedan suspendidas as clases de Inglés Lúdico que se imparten os martes pola tarde no Centro Sociocultural Luis Seoane. 

XORNADA DE BADMINTON

Este sábado celebróuse no pavillón de Arca unha xornada de badminton na que participaron rapaces e rapazas do noso centro e mais do colexio de Trazo. Tratábase de que os nenos e nenas tivesen unha nova experiencia, competindo e compartindo xogo con outros rapaces e rapazas, e de que fosen collendo hábito de competición e disfrutando dunha actividade na que levan participando todo o curso.

Nas vindeiras semanas haberá outras xornadas noutros concellos coa idea de facelas estables, para que os rapaces sigan aprendendo e compartindo experiencias.

domingo, 2 de febrero de 2014

CAMPIONATO DE XADREZ EN AMES

Hoxe domingo celébrase na localidade de Bertamiráns un campionato de Xadrez, no que van participar dous dos alumnos que cursan esta actividade como opción extraescolar no CPI Camiño de Santiago. En concreto, os dous representantes do noso centro son Manuel Ramos Piñeiro e Luis Suárez Fernández. Dende a ANPA, como organizadores desta alternativa, queremos desexarlle toda a sorte do mundo, e, sobre todo, que aprendan moito e se divirtan, que en definitiva é a finalidade deste tipo de accións. Sempre, independentemente do resultado que acaden neste campionato.