martes, 18 de junio de 2013

CAMBIOS NAS MOBILIZACIÓNS CONTRA A LOMCE

Finalmente suspéndense as mobilizacións contra a LOMCE que estaban convocadas para o día 19 de xuño diante da Consellería de Educación. Coincidindo co inicio do seu trámite parlamentario, a ANPA e os seus membros están convidados a participar na manifestación que vai ter lugar o xoves, 27 de Xuño. En Santiago de Compostela a marcha partirá ás 19:30 horas da Praza do Toural. Aquí está o cartel da convocatoria.

 
 

2 comentarios:

  1. Grazas pola información AMPA.
    E tamén aproveito para darvos as grazas por como vos currastes absolutamente todo, desde o ben informados que nos tivestes ata todas as actividades que organizastes para os nosos fillos e que fixeron que o curso fora mais levadeiro.
    Parabéns e descansade. merecédelo!
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas, Mar. Para iso estamos aquí, para traballar. Ó fin e ó cabo, todo é polo ben dos nosos rapaces.

    ResponderEliminar