martes, 21 de mayo de 2013

INICIO DA SEMANA DA CIENCIA


Esta semana organizamos no centro a Semana da Ciencia. Unha iniciativa que ten por obxectivo contribuir á mellor formación dos nosos rapaces, en coordinación co equipo docente que ten o colexio. Temos programadas unha serie de actividades, axeitadas ás idades dos cativos e mozos. Serán didácticas pero tamén moi amenas, para que os nenos aprendan case sen darse conta.

Comezamos mañá mércores día 22 con varios obradoiros para Primaria. Os de Primeiro asisten ás 09:30 á sesión “A ecoloxía, a miragre da Natureza”; ó largo da mañán ós alumnos de Segundo participarán na charla “Coida a Terra”. A continuación haberá un pase de teatro para 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, co título “Náufrago”.

O xoves teremos varios obradoiros para Infantil. Comezamos cos de 5 anos, con “A fábrica dos aromas”. Logo tócalle o turno a Infantil de 3 anos, con “Coñece os teus sentidos”, e rematamos cun obradoiro para os de 4 anos, titulado “Eu quero ser...dentista”.

O venres o alumnado de Secundaria terá un circuito científico. Centrarase na enerxía: qué é, recoñecela en varias formas, converter un cacahuete en enerxía eléctrica, comprobar cómo a comida nos proporciona enerxía, identificar varios xeitos de producir electricidade, etc. Ademais disto, os alumnos de 3º e 4º da ESO terán unha charla da man dos responsables de Galchimia. Tratase dunha empresa de O Pino que en apenas unha década se convertiu nunha firma líder en España en Química Orgánica Sintética con traballos a nivel internacional. Eles explicarán ós rapaces cómo naceu a empresa, por qué están radicados no noso concello, o tipo de clientes que teñen, traballos, etc.


2 comentarios:

  1. Boas tardes AMPA:
    Que interesantes actividades!, que sorte teñen os nenos con vos!.
    Eu teño un neno en 3º de primaria e aínda que na casa lle facemos ver da importancia da ecoloxía e o respeto pola natureza, paréceme moi acertado que desde o cole, (bueno da AMPA), se faga incapé nisto, porque para os nenos, e nestas idades sobre todo, o que se di no colexo cálalles moito e despois cando chegan a casa veñen contando e repetindo o que escoitaron.
    Creo que é unha idade idónea para tratar con eles estes temas.

    Un saúdo e moitas grazas.

    ResponderEliminar
  2. Boas, Mar. Grazas polo comentario. Pero non somos os únicos que queremos facer ver ós rapaces o respeto e coñecemento do medio que os rodea, sabemos que nas aulas se traballa isto. Intentamos adaptar os obradoiros ás súas idades, pero sí, é un dos motivos de facelo: conciencialos. Grazas de novo por seguirnos e por eses azos que sempre nos transmites. Tamén nos gustaría animar ó resto de pais a comentar cousas. Así aprenderemos todos, e podemos mellorar o noso traballo/función.

    ResponderEliminar