viernes, 10 de mayo de 2013

BALANCE DA XORNADA DE FOLGA

Finalmente, a presión popular fixo que o goberno reconsiderase a súa decisión de sacar adiante a LOMCE. Á espera do que aconteza, polo de agora imos avanzando paseniñamente na reivindicación dunha educación pública de calidade. Con recursos, persoal e unha correcta organización. Onte, no CPI Camiño de Santiago, a folga foi seguida de xeito maioritario polos alumnos, o que nos fai reflexionar sobre a conciencia cada vez maior tanto de pais coma de estudantes.
Sen irmáis lonxe, e segundo os datos que obran no noso poder, o CPI Camiño de Santiago vai recibir, neste exercicio, algo máis de 12.000 euros menos por parte da Xunta. Tendo en conta que é o único centro do concello (excluíndo a dúas unitarias), que é un inmoble con serias deficiencias, este recorte evidentemente vai influir nas actuacións que o equipo de dirección acometa. Como xa indicamos, non nos parece correcto recordar en este eido. Falamos de dereitos, falamos do futuro dos nosos fillos. E tal como están as circunstancias, precisamente a formación vai ser a clave. Apostemos polos rapaces, non lles recortemos as liberdades do seu futuro.

1 comentarios:

  1. Moitas grazas ANPA por mirar por polos intereses dos nosos fillos, que ao final é do que se trata como ben expoñedes neste artigo.
    Grazas tamén por manternos tan ben informados. Creo que sodes fundamentais para a difusión do que está a acontecer.
    Un saúdo e os nosos parabéns.

    ResponderEliminar