viernes, 12 de abril de 2013

ACLARACION E POSTURA SOBRE O COPAGO NOS COMEDORES



A ANPA do CPI Camiño de Santiago é unha entidade completa e absolutamente apolítica. En ningún momento imos lanzar proclamas nin a favor nin en contra de ningunha forza política, porque nin é o noso cometido nin sería ético. O noso traballo, como Asociación de Pais e Nais de Alumnos é contribuir á formación educativa dos rapaces, apoiando o traballo realizado no Centro de Ensino e velando polos dereitos e necesidades dos nosos fillos.

Esta explicación considerámola oportuna ante posibles comentarios maledicentes que se poidan desprender do noso rexeitamento público ás taxas que se pretenden impoñer para os comedores escolares. Insistimos, énos indiferente de qué cor política sexa o responsable da decisión. Non cremos correcto, nin xusto nin xustificado que agora se determine un incremento do 40% no prezo dos comedores escolares.

Os cativos non xantan nos colexios por gusto dos pais. Xantan porque teñen unha serie de horas lectivas que son inamovibles. E porque se estableceu así un sistema que funcionou sen problemas ata o de agora. Ata o de agora, a Consellería de Educación facíase cargo do pago deste concepto, o que supoñía que fose de balde para case o 92 por cento do alumnado. Agora, con este novo sistema, pagaría o 43'2% dos rapaces. Unha cantidade que pode chegar a 4'5 euros por menú.

Dende esta ANPA consideramos que se a Consellería de Educación ten a necesidade de realizar axustes económicos existen outros capítulos onde actuar, sen ter que facelo sempre no ámbito da educación pública, e moito menos nunha cuestión tan sensible para moitos pais e nais como son os comedores escolares. As familias non están nestes intres no seu mellor momento económico, polo que non entendemos este tipo de accións. Insistimos, non é nin queremos que se entenda como crítica política, porque NON é a nosa función nin intención. Só pedimos unha reflexión e rectificación ás autoridades sobre este tipo de decisións.


2 comentarios:

  1. Hai 35-36 anos, comezou a funcionar o qrupo escolar do meu concello; non creo que entonces a situación económica fose mellor que a de agora e éramos moitísimos mais alumnos (na miña clase éramos 41 e había 2 clases mais do mesmos curso). Pois, naquel ano de 1978 o comedor escolar era totalmente gratis. Gracias Ampa por estar ahí, traballando por algo xusto para os nosos fillos. Un saúdo.

    ResponderEliminar