Entre
as actividades complementarias e extraescolares que a ANPA propuxo
para este segundo trimestre, figuraba unha visita didáctica ó
Parque Eólico Experimental de Sotavento. E alá fomos, onte luns. Os
rapaces desfrutaron dunha xornada moi amena e ó mesmo tempo
educativa, que era o que se pretendía. O único malo foi o tempo,
posto que as condicións climatolóxicas decidiron non acompañarnos,
e non puideron realizar as actividades que o Parque lles tiña
preparadas no exterior.
Nembargantes,
o persoal do Parque volcouse cos nosos rapaces, dividíronos en
grupos segundo as súas idades e fóronlles ensinando diferentes
conceptos relacionados coa producción de enerxía, o aforro
enerxético, cómo conseguir a eficiencia... etc. Pero todo nun
ambiente moi relaxado, case de xogo. Algo que fixo que os rapaces
desfrutaran da xornada.
Entre
outras cousas, puideron contemplar un aeroxenerador eólico,
visitaron unha casa domótica bioeficiente... e pola tarde, tras todo
un récord de silencio (botaron calados catorce minutos), a xornada
rematou cun xogo didáctico por equipos no que poñían en práctica
os coñecementos que se lles proporcionaran pola mañá.
0 comentarios:
Publicar un comentario