martes, 29 de enero de 2013

BALANCE DA ÚLTIMA ASEMBLEA


Unha vez máis, damos as grazas a todos os asistentes á asemblea que a ANPA convocou para o pasado mércores, 23 de xaneiro de 2013. Como indicaba a convocatoria, tratamos o tema do seguro escolar. A responsable da oficina de Mapfre non puido asistir á reunión por motivos laborais, polo que informará e resolverá as dúbidas de calquera pai/nai na oficina da firma, ubicada na Avenida de Lugo (Pedrouzo/Arca). O seguro vence o día 1 de febreiro.

Por outra banda, dende a directiva da ANPA puxemos sobre a mesa a nosa intención de realizar unha serie de xornadas de Asesoramento e Orientación Educativa Familiar. Estarían coordinadas pola psicóloga Olaia González (responsable de Preescolar na Casa en O Pino nos últimos anos). A idea é levar a cabo unha xuntanza onde se falaría das posibles problemáticas que poden afectar ós nosos fillos nas diferentes etapas da súa vida. Configuraríase como un punto de encontro, onde resolver dúdidas...Ademais de informar de sinais que poidan agochar posibles problemas nos rapaces. A ANPA vai enviar unha nota a cada familia, para ver se lles interesa. En caso afirmativo, xa comezaría neste trimestre.

Por outra banda, aínda que non estaba na orde do día, saiu no coloquio posterior o tema da saída cos rapaces que a ANPA organizou ó Parque Eólico Experimental de Sotavento (no sur de As Pontes de García Rodríguez). Está programada para os días 25 e 26 de marzo, unha xornada primaria e a outra secundaria. De todas maneiras, como é habitual, enviarase tamén información a cada familia a través dunha nota, para que os nenos interesados se apunten.

2 comentarios:

  1. Me gustaria saber con quen teño que falar para poder cambiar o sentido da ruta do autobus do marquiño

    ResponderEliminar
  2. Mercedes, segundo a normativa, as competencias recaen na Consellería de Educación. Deberías dirixirte á Delegación de A Coruña. Ésta é a dirección:

    Delegación Provincial da Consellería de
    Educación e Ordenación Universitaria
    Avda.Salvador de Madariaga s/n
    15008 A Coruña
    Teléfono: 981 184700

    De todos os xeitos, se tes problemas ou non das contactado, fala connosco e intentamos axudarche.

    Un saúdo,

    A ANPA

    ResponderEliminar