martes, 29 de enero de 2013

BALANCE DA ÚLTIMA ASEMBLEA


Unha vez máis, damos as grazas a todos os asistentes á asemblea que a ANPA convocou para o pasado mércores, 23 de xaneiro de 2013. Como indicaba a convocatoria, tratamos o tema do seguro escolar. A responsable da oficina de Mapfre non puido asistir á reunión por motivos laborais, polo que informará e resolverá as dúbidas de calquera pai/nai na oficina da firma, ubicada na Avenida de Lugo (Pedrouzo/Arca). O seguro vence o día 1 de febreiro.

Por outra banda, dende a directiva da ANPA puxemos sobre a mesa a nosa intención de realizar unha serie de xornadas de Asesoramento e Orientación Educativa Familiar. Estarían coordinadas pola psicóloga Olaia González (responsable de Preescolar na Casa en O Pino nos últimos anos). A idea é levar a cabo unha xuntanza onde se falaría das posibles problemáticas que poden afectar ós nosos fillos nas diferentes etapas da súa vida. Configuraríase como un punto de encontro, onde resolver dúdidas...Ademais de informar de sinais que poidan agochar posibles problemas nos rapaces. A ANPA vai enviar unha nota a cada familia, para ver se lles interesa. En caso afirmativo, xa comezaría neste trimestre.

Por outra banda, aínda que non estaba na orde do día, saiu no coloquio posterior o tema da saída cos rapaces que a ANPA organizou ó Parque Eólico Experimental de Sotavento (no sur de As Pontes de García Rodríguez). Está programada para os días 25 e 26 de marzo, unha xornada primaria e a outra secundaria. De todas maneiras, como é habitual, enviarase tamén información a cada familia a través dunha nota, para que os nenos interesados se apunten.

lunes, 14 de enero de 2013

ASEMBLEA EXTRAORDINARIA O MÉRCORES 23


CONVOCATORIA DE ASEMBLEA EXTRAORDINARIA


Estimadas nais e pais,

Pola presente quedades convocados á Asemblea Extraordinaria da ANPA, que se celebrará na sala de usos múltiples do CPI Camiño de Santiago o vindeiro mércores día 23 de xaneiro, ás 17:30 horas, coa seguinte

Orde do día:

1.- Información sobre o seguro de accidentes (hai unha nota-resumo a continuación).
2.- Información sobre Escola de Nais / Pais: Espazo de Asesoramento e Orientación Educativa Familiar.
Lembrade que a vosa asistencia é fundamental, non só para que a información vos chegue de primeira man, se non porque así poderedes debater sobre os temas que vos parezan interesantes, plantexar as vosas ideas e dar a vosa opinión para facer da nosa Asociación en particular, e do Colexio en xeral, un lugar o mellor posible para a educación das nosas fillas e fillos.
A asistencia á Asemblea está aberta a todos os pais e nais, sexan ou non socios da ANPA. No caso de que algún punto teña que ser sometido a votación os non socios non terán dereito a voto.
Lembrade tamén que a ANPA é algo máis ca organización das actividades extraescolares. Do traballo da nosa Asociación poden e deben beneficiarse todas as nenas e nenos; de aí a importancia de que, se non o sodes xa, vos fagades socios.
 

NOTA INFORMATIVA SOBRE SEGUROS
Como xa saberedes doutros anos, hai contratado un seguro de accidentes coa compañía Mapfre que cubre sinistros que poidan ocorrer no recinto do colexio; entre outras cousas cubre a rotura de gafas ou pezas dentais, que son as incidencias máis habituais. A subscrición de dito seguro é voluntaria, e ten un custo anual de 12,10 euros por neno / alumno.
Quen queira contratalo pode facelo pagándoo directamente na conta da ANPA (Banesto), ANTES DO DÍA 1 DE FEBREIRO, especificando claramente o NOME DO NENO / ALUMNO.
RESUMO DE COBERTURAS DO SEGURO DE ACCIDENTES COLECTIVOS:
GARANTÍAS BÁSICAS:
Falecemento accidental: 4500 euros (gastos de sepelio).
Invalidez permanente: 6000 euros.
Gastos sanitarios: ilimitados.
En centros concertados (Clínica Rosaleda). A compañía asumirá o pago da implantación de próteses ou aparellos ortopédicos ata un máximo de 1.500 euros por sinistro.
GARANTÍAS COMPLEMENTARIAS:
Rotura de gafas ata 150 euros por sinistro, cubrindo a reparación ou reposición sempre e cando se precise asistencia sanitaria.
Gastos de estudo: 3.300 euros por sinistro.

jueves, 10 de enero de 2013

FOTOGRAFÍAS DA XORNADA DE XOGOS POPULARES