viernes, 30 de noviembre de 2012

ÉXITO DA CHARLA SOBRE A REFORMA EDUCATIVA

A ANPA do CPI Camiño de Santiago non podía dar as costas á nova reforma educativa proposta. Por iso, para coñecer en profundidade o tema a tratar, resolver dúbidas e, en definitiva, aclarar qué se pretende e con qué obxectivos, decidimos organizar unha conferencia. Acompañounos un dos membros permanentes do Consello Escolar de Galicia, Raúl Gómez, un home cunha longa e contrastada traxectoria, que de xeito totalmente aséptico e sen entrar en ningún tipo de consideración ideolóxica-tal e como lle solicitamos- botou un pouco de luz sobre este asunto. Dende a ANPA queremos agradecer ó ponente a súa presenza e predisposición para con nós, así como a todos os asistentes, un bo número de pais, pola súa participación nesta actividade.
Asemade, enviamos un documento a todos os rapaces do centro para que, aquel que o desexe, con total liberdade, exprese ou non o seu malestar ante esta nova reforma. Agardamos que non moleste a ninguén. Cremos que o realizamos de xeito totalmente neutral, para non ferir ningunha sensibilidade.

0 comentarios:

Publicar un comentario