viernes, 30 de noviembre de 2012

ÉXITO DA CHARLA SOBRE A REFORMA EDUCATIVA

A ANPA do CPI Camiño de Santiago non podía dar as costas á nova reforma educativa proposta. Por iso, para coñecer en profundidade o tema a tratar, resolver dúbidas e, en definitiva, aclarar qué se pretende e con qué obxectivos, decidimos organizar unha conferencia. Acompañounos un dos membros permanentes do Consello Escolar de Galicia, Raúl Gómez, un home cunha longa e contrastada traxectoria, que de xeito totalmente aséptico e sen entrar en ningún tipo de consideración ideolóxica-tal e como lle solicitamos- botou un pouco de luz sobre este asunto. Dende a ANPA queremos agradecer ó ponente a súa presenza e predisposición para con nós, así como a todos os asistentes, un bo número de pais, pola súa participación nesta actividade.
Asemade, enviamos un documento a todos os rapaces do centro para que, aquel que o desexe, con total liberdade, exprese ou non o seu malestar ante esta nova reforma. Agardamos que non moleste a ninguén. Cremos que o realizamos de xeito totalmente neutral, para non ferir ningunha sensibilidade.

viernes, 16 de noviembre de 2012

BENVIDA E PRESENTACIÓN

Moitas grazas por visitar este blog e por facelo, ou iso agardamos,unha referencia nas súas pantallas. Somos a nova ANPA do CPI Camiño de Santiago (Arca-O Pino)e a finalidade desta páxina é a de mantervos informados de cantas actividades, convocatorias,informacións..etc. teñan que ver con nós e cos rapaces do citado centro educativo. Asemade, queremos que sirva de plataforma para opinar, recoller ideas, suxerencias...todo o que sexan críticas constructivas serán ben recibidas, estudadas e aplicadas, se así o decide a maioría. O dito, benvidos.